Cool Nenas, grupo confirmado do BreaSon de Mondoñedo

AMariñaXa
A Asociación Xuvenil Xoldra de Mondoñedo está a preparar a nova edición do festival
breason
breason
11 Xul 2024

A Asociación Xuvenil Xoldra de Mondoñedo está a preparar a nova edición do BreaSon, un festival que conta con música, oferta gastronómica, teatro e moitas actividades. A cita chega o vindeiro 9 de novembro e os primeiros confirmados son Cool Nenas e o grupo Terbutalina. O trío e a banda de Esteiro encabezan o cartel polo momento que aínda non está completo

Na última edición contaron con actividades de lecer, unha representación teatral, catas de viño e un magosto. Ao escenario subiron  Catuxa Salom, Grande Osso Fillas de Cassandra, Ruxe Ruxe, Los Rastreadores e The  Skarnivals.

0.18382596969604