Convocadas cinco piragüistas pola selección galega
AMariñaXa
Tres piragüistas ribadenses, unha de Foz e outra de Viveiro foron convocadas pola Federación Galega para a concentración de Muller Cadete.
15 Feb 2021
As piragüistas ribadenses Andrea Rodríguez, Ángela Fernández e Lara Suárez foron convocadas pola Federación Galega de Piragüismo para a concentración de Muller Cadete do próximo sábado en Cabanas.
Deste xeito, o Altruán Ribadeo convítese nun dos clubes con máis deportistas convocadas. As tres, súmanse así á lista de deportistas convocados, despois de que Nicolás Gayol fose chamado xa no mes de xaneiro.
Haberá tamén representación de varios deportistas da comarca, como Nerea Debasa Calvo, do Kayak de Foz, e Ainhoa Riveiro Trasancos, de Viveiro.