Convocada unha nova edición do Volante Deputación
Os próximos 16 e 17 de setembro celébrase a 12ª edición do Volante Deputación de Lugo, unha actividade que pretende achegar a calquera persoa sen experiencia o mundo da competición automobilística, vivindo desde dentro un rallie como o San Froilán, tal vez o mais carismático de Lugo, combinando deporte e formación, posibilitando ao gañador vivir a experiencia de pilotar participando nun rallie.
Esta iniciativa deportiva, con carácter absolutamente gratuíto, que está posta en marcha pola Deputación de Lugo, consiste nunha selección onde os participantes recibirán un curso de condución para igualar e equilibrar coñecementos entre uns e outros. Celebrarase no circuíto da Pastoriza. O proceso de selección estará supervisado por un xurado composto por pilotos, monitores de PTC Escuela e colaboradores deste proxecto.
O prazo para enviar os formularios de inscrición estará aberto dende onte e ata o xoves 14 de setembro de 2023 ás 13:00 horas. As prazas están limitadas a 160 participantes, e será por rigoroso orde de recepción das inscricións.
O titular do primeiro premio será seleccionado como piloto e participará no Rallye San Froilán 2023 dentro da estrutura do equipo de competición PTC de forma totalmente gratuíta. O segundo e terceiro clasificados recibirán como premio unha formación especifica de piloto recibindo un curso multidisciplinar de competición, curso ao que loxicamente tamén terá acceso o vencedor.