Convocada a VIII edición do Concurso de Fotografía Amateur Traballos e Mulleres de Viveiro

AMariñaXa
Viveiro e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) convocan a VIII edición do Concurso de Fotografía Amateur Traballos e Mulleres
CARTEL 8º CONCURSO DE FOTOGRÁFICO AMATEUR TRABALLOS E MULLERES
CARTEL 8º CONCURSO DE FOTOGRÁFICO AMATEUR TRABALLOS E MULLERES
23 Feb 2023

O Concello de Viveiro e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) convocan a VIII edición do Concurso de Fotografía Amateur Traballos e Mulleres para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora, que se celebra o vindeiro 8 de marzo.

A convocatoria está aberta a fotógrafos/as afeccionados, non profesionais, maiores de idade. O prazo de recepción de orixinais no CIM finalizará o día 3 de marzo.

As obras deberán ser orixinais sempre co tema da Muller e o Traballo en calquera ámbito para visibilizar do papel feminino en todos os sectores da nosa sociedade.

Con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora o Concello montará unha Exposición con todas as obras presentadas e na súa clausura darase a coñecer a obra gañadora, que recibirá un premio de 300 euros. O segundo clasificado recibirá 150 €, o terceiro 100€, e haberá ademais un premio especial do público para a obra más votada dotado de 100€.

Para máis información, os interesados deben dirixirse ao CIM Viveiro no email cime@viveiro.es ou a través do teléfono 982 888 419.

As persoas interesadas deben entrar na web do Concello (www.viveiro.es) onde atoparán publicadas a resolución e as bases do concurso: https://bit.ly/41fMhZH

CARTEL 8º CONCURSO DE FOTOGRÁFICO AMATEUR TRABALLOS E MULLERES
0.1766939163208