Continúa o asfaltado nas rúas de Burela

AMariñaXa
As obras serán na rúa Beiramar entre o cruce das rúas Nosa Señora do Carme e Rosalía de Castro, na rúa da Pedra, na rúa da Cova Moura e na rúa Nosa Señora do Carme
Casa_concello_Burela
15 Out 2024

O Concello de Burela retomará este mércores, día 16 de outubro, os traballos de asfaltado de diversas rúas da vila que comezaron a pasada semana, polo que solicita a colaboración da veciñanza para liberalas de coches aparcados antes do comezo das obras. As obras serán na rúa Beiramar entre o cruce das rúas Nosa Señora do Carme e Rosalía de Castro, na rúa da Pedra, na rúa da Cova Moura e na rúa Nosa Señora do Carme.

Nesta última rúa non se actuará na súa totalidade, se non unicamente nas partes que se atopan máis deterioradas. Concretamente, entre o cruce da vía do tren e a rúa Cova Moura e entre as rúas Curros Enríquez e Eijo Garay. Ademais disto tamén se renovará a rúa Pedrón Salgueiro, entre a avenida de Arcadio Pardiñas e o cruce das Lamas na rúa do Río Sor. Este luns 14 de outubro comezaron o traballo de sinalización nas rúas. “Pedimos a colaboración dos veciños para que non aparquen nas zonas afectadas, porque precisamos que as rúas estean libres de coches para proceder”, indica o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey Fernández Rey afirma que “a previsión é que os traballos rematen o xoves, se
as rúas están sen coches e as condicións meteorolóxicas o permiten”.

“Se o mércores houbese coches aparcados, o Concello terá que actuar para poder facer os traballos”, engade. "Van ser cortes puntuais, non debería haber ningún corte total, e se informará á veciñanza das alternativas dispoñibles aos tramos cortados", puntualiza o edil. “Sentimos as molestias ocasionadas, pero pedimos a comprensión da veciñanza
porque é necesario realizar estas obras para mellorar o estado das rúas”, sinala o concelleiro. “Queremos evitar en medida do posible ter que mover ningún coche nin sancionar a ninguén”, subliña Fernández Rey. Os traballos supoñen un investimento de 126.000 euros, "unha cantidade importante que se suma a todo o que levamos investido nos últimos anos en manter as nosas rúas nas mellores condicións posibles", conclúe.

0.18331789970398