Conta atrás para a semifinal da Copa Galicia Feminina de Fútbol sala na que participa o Burela FS

TerraChaXa | AMariñaXa
16 Abr 2019

As Guerreiras Laranxas xa están inmersas nun novo reto. Esta semana pelexarán na Coruña polo máximo recoñecemento irmandiño na fase final de XIII Copa Galicia (Palacio dos Deportes de Riazor, 20 e 21 de abril). Pescados Rubén Burela FS medirase en semifinais ás anfitrioas, Viaxes Amarelle FSF. Os outros dous candidatos ao título serán Ourense Envialia e Cidade das Burgas.

Para o club burelista será unha edición moi especial, xa que as Xoias Laranxas se estrearán na Minicopa Infantil, tras a gran participación do ano pasado do equipo filial do Comarcal A Fervenza FSF. Un total de 10 xogadoras debutarán nesta gran cita baixo a batuta de Jairo Campo, as infantís Ester Riveira e Sofía Otero xunto ás alevíns Claudia Rodríguez, Iria Eijo, Carmen Díaz, Noelia Fernández, María Fuente, Cayetana Trelles, Lola Muñoz e Fátima Guillén.

Entradas
O abono para toda a competición ten un prezo de 8 euros e entrada por xornada ascende ata os 5 euros. Os menores de 14 anos accederán gratis ao recinto con invitación e acompañados por un adulto.
A venda anticipada de entradas xa está dispoñible en www.amarellefsf.com

0.19401502609253