Con Voz de Muller 8-M achegará este domingo a voz de Margarida Mariño a Viveiro

AMariñaXa
O Teatro Pastor Díaz do Concello de Viveiro acolle este domingo día 5, a partir das 19.00 horas, o concerto de Margarida Mariño.
CONCERTO MARGARIDA MARINO redes
CONCERTO MARGARIDA MARINO redes
1 mar 2023

O Teatro Pastor Díaz do Concello de Viveiro acolle este domingo día 5, a partir das 19.00 horas, o concerto de Margarida Mariño. A actuación, totalmente gratuíta, servirá para pechar o ciclo de Concertos Con Voz de Muller 8-M que por segundo ano organiza a Deputación de Lugo.

A iniciativa pretende achegar aos concellos da provincia música en feminino con motivo do Día Internacional da Muller que se conmemora cada 8 de marzo. “Buscamos favorecer a visibilización e o empoderamento das mulleres a través da música”, subliñaba no acto de presentación deste ciclo a alcaldesa de Viveiro e Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro.

“Cremos que pode ser interesante que os nosos pequenos e pequenas veñan, porque a música é expresión, liberdade e emoción, e a música serve para conmover e remover conciencias”, engade a rexedora.

Margarida Mariño amosará en Viveiro a súa aposta pola renovación dos sons do violonchelo clásico con pedais de efectos, voces, loops e electrónica. Haberá agasallos para as persoas que asistan.

1CONCERTO MARGARIDA MARINO redes