Comezaron as obras para a renovación do alumeado público en Atalaia, Celeiro

AMariñaXa
Comezaron as obras para a renovación do alumeado público en Atalaia, Celeiro, que se cambiarán por novas luminarias de tecnoloxía LED.
renovar led alumeado atalaia celeiro 2023 2
renovar led alumeado atalaia celeiro 2023 2
23 sep 2023

Comezaron as obras para a renovación do alumeado público en Atalaia, Celeiro, que se cambiarán por novas luminarias de tecnoloxía LED.

A actuación contempla a renovación das farolas e das caixas de mando e o investimento será duns 100.000 euros, financiado integramente polo Fondo de Compensación Ambiental 2023.

“Coa nova rede, a zona terá unha mellor visibilidade e eficiencia enerxética, reducindo ademais a contaminación lumínica”, asegura a alcaldesa de Viveiro.

Miriam Bermúdez, tenente de alcaldesa e responsable de Obras, destaca pola súa parte que “esta actuación na rede de alumeado público servirá para mellorar a seguridade viaria dos vehículos e o tránsito de persoas”.

A renovación da rede en Atalaia inclúe o acceso desde Casanova; a rúa Illa Coelleira; a rúa Illa Sar e o parque público; a ría Illa Anchonoa; a rúa Illa Gaveira; e a praza da Atalaia.

“Impulsaremos durante todo o mandato municipal un plan de mellora continua dos servizos e infraestruturas públicas, tanto no casco urbano como nas parroquias”, engade María Loureiro, alcaldesa.

renovar led alumeado atalaia celeiro 2023 3
0.19732809066772