Comezaron as obras de construción de tres pistas de petanca en Ribadeo

AMariñaXa
Deron comezo os traballos de construción de tres pistas de petanca na rúa Dionisio Gamallo Fierros no Concello de Ribadeo
petanca xogo
petanca xogo
8 Nov 2022

Deron comezo os traballos de construción de tres pistas de petanca na rúa Dionisio Gamallo Fierros. O investimento ascende a 14.500 euros e o prazo de execución será dun mes. 

O concelleiro de Economía, Pablo Vizoso, explicou que “deron comezo os traballos de construción de tres pistas de petanca  na rúa Dionsio Gamallo Fierros, a carón da oficina de turismo de Ribadeo”. 

O edil ribadense subliñou que “debido á grande demanda existente por parte da poboación decidimos desde o equipo de goberno ampliar a zona para a práctica deste deporte, que reúne a tantas persoas no parque de San Francisco a diario desde hai xa bastante tempo”.

Vizoso Galdo contou que “deste xeito dentro dun mes contaremos con tres novas pistas, que se unen á zona habilitada no seu día no parque. Esas tres pistas estarán separadas por taboleiros de madeira. O investimento ascenderá a 14.500 euros procedentes de fondos propios do Concello e o prazo de execución será dun mes”. Os traballos estaos a realizar a empresa Gestión Gratelu. 

petanca xogo 1
0.090816020965576