Comezan os preparativos da Festa da Troita da Pontenova
A 43ª Festa da Troita do Concello da Pontenova, declarada de Interese Turístico Galego e de Interese Turístico Deportivo Nacional, xa comezou cos preparativos da cita deportiva que será os días 29 e 30 de abril e 1 de maio.
Así, anunciaron que José Luis Bruna Brotons, presidente dea federación Española de pesca e casting, será o encargado de ler o pregón na XLIII edición de la festa da troita da Pontenova
Ademais xa comezaron a confirmar aos asistentes do evento como Xavier fortes, director e presentador do espacio 24 horas de TVE e que na pasada edición foi o pregoeiro, e Nacho Rojo, editor do canal, Canal y pesca, dous asiduos á Festa da troita da Pontenova.
Outros dos asistentes serán Antonio Pérez Henares, Chani, escritor, xornalista e tertuliano de televisión; Leonardo de la Fuente Prieto, outro ilustre do xornalismo; o director da revista Entre cañas, Francisco Fernández; Óscar e Sebas do programa de radio Río de la vida e Cesáreo Martin do programa de Onda Cero Linde y Ribera.
Tamén confirmaron a presencia de Petiscos Galegos, con Beatriz Sotelo á fronte, do director de Anove televisión, Carlos Alleres; do xornalista Enrique Aguado, representantes do xornal Trueiro; Miguel Piñeiro; Marcos Ruíz Espin de radio Intereconomía; e Eduardo Fernández, director xeral de terabithia-press media de Madrid.
Por outra banda o CIT deu a coñecer que unha das troitas de ouro, deste ano será para a Feira do salmón de Cornellana de Asturias, “polo coidado das tradicións, pola posta en valor da pesca como dinamizador económico e pola defensa da biodiversidade dos ríos do principado”.
Dentro das actividades para menores e familias, o sábado 29 de abril haberá un concurso de lance de mosca e culleriña no Pozo da Ola ás 17.00 horas, despois un taller de xabón con aceite usado no local da sociedade, e máis tarde será a presentación do Estudo sobre os salmónidos do Eo, de Fernando Cobo.