Comezan en Viveiro as rutas saudables da Asociación Española Contra o Cancro

AMariñaXa
Esta actividade terá lugar de xeito gratuíto todos os venres de outubro ás 11.00
Imaxe da loita contra o cancro
1 Out 2024

O Concello de Viveiro acollerá a partir do venres, día 4 de outubro, as Rutas Saludables en Viveiro organizadas pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo. Esta actividade terá lugar de xeito gratuíto todos os venres de outubro ás 11.00, con saída dende a Praza Maior da localidade. O seu obxectivo é concienciar á poboación sobre a importancia de facer exercicio físico e levar hábitos saudables para previr o cancro. Polo tanto, é unha actividade dirixida a toda a poboación.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, agradece á AECC "o seu inestimable labor tanto axudando ás persoas con cancro como promovendo un estilo de vida saudable entre todas as persoas con iniciativas coma esta". As inscricións na mesma poderán ser realizadas chamando ao número de teléfono 639 262 312 ou escribindo ao enderezo de correo electrónico lugo@contraelcancer.es. Para máis información pódese contactar co número 900 100 036 ou visitar a páxina web asociacioncontraelcancer.es.

0.38561487197876