Comezan as obras de mellora na N-640 ao seu paso por Vegadeo

Deron comezo os traballos de restauración do firme da estrada N-640 ao seu paso polo centro de Vegadeo, unha actuación destinada a mellorar o estado da vía e garantir unha circulación máis cómoda e segura para condutores e peóns.
Durante os días que duren as obras, a estrada permanecerá parcialmente afectada, polo que desde o Concello recoméndase planificar os desprazamentos con antelación e manter a paciencia ante as posibles molestias que poidan xurdir. Trátase dunha intervención necesaria para incrementar a seguridade viaria e a calidade das infraestruturas, co obxectivo de ofrecer unha mellor experiencia de tránsito a veciños, veciñas e visitantes.
O Concello de Vegadeo agradece o traballo e a colaboración da Demarcación de Estradas do Estado, da Delegación do Goberno en Asturias e dos equipos municipais, que fixeron posible que esta actuación se leve a cabo tras diversas xestións e solicitudes.
Con esta mellora, Vegadeo continúa avanzando na modernización das súas infraestruturas, apostando por un entorno máis seguro e funcional para toda a cidadanía.