Comeza unha nova edición do 3x3 Urbanbasket Viveiro

AMariñaXa
Diverbasket, unha iniciativa para este Nadal coa que se busca compartir os valores do deporte a través dun torneo de 3x3 en Viveiro
3x3 Urbanbasket presentación
19 Ago 2023

O Concello de Viveiro acolle esta fin de semana unha nova edición do seu torneo 3x3 Urbanbasket Viveiro. Haberá dúas categorías, masculina e feminina, cun total de 3.000 euros en metálico en premios.

A 16ª edición do torneo de baloncesto urbano 3x3 celebrarase o sábado 19 e o domingo 20 de agosto. Os premios serán de 1.000€ para o equipo gañador e 500 euros para o subcampeón en ambas categorías.Ademais, tamén haberá premios adicionais para os gañadores ou gañadoras dos concursos de triplas, 2 ball, e para o MVP ou Xogador Máis Valioso do torneo.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destacou “a consolidación e a importancia deste evento dentro da estratexia do Concello para seguir potenciando o deporte entre a veciñanza”.

3x3 Urbanbasket cartel
0.1471529006958