Comeza a XXXV Tirada de Bolos de Xove que pretende achegar o deporte á mocidade
Esta fin de semana deu comezo XXXV Tirada de Bolos do Concello de Xove. A tirada do Centro Social de Lago foi a primeira das 18 previstas para esta trixésimo quinta tempada, vixésimo cuarta no caso da Liga Sub 16 e décimo quinta para Liga Sénior Feminina.
De novo, mantéñense unhas regras e normativas similares aos anteriores anos, porén a supervivencia do deporte popular pasar por integrar ás novas xeracións no coñecemento e práctica do mesmo, aínda que sabemos que é minoritario.
Deste xeito, de novo o reto é poder incorporar aos nenos e nenas e rapaces e rapazas ao deporte. Neste momento, o Concello mantense en contacto co Departamento de Deportes do Colexio Pedro Caselles para que todos os alumnos dos cursos superiores participen nunhas xornadas de promoción.
Nestas actividades váiselles explicar de forma teórica e práctica o deporte, co obxectivo de que polo menos algúns deles se incorporen á Liga. Se non hai cambios, as xornadas de promoción serán os días 13, 14 e 17 de novembro e nelas van a participar todos os alumnos e alumnas de 1º a 6º de Primaria.