Comeza a organización do II Trail do Caolín ao Fuciño do Porco
AMariñaXa
O Concello do Vicedo comeza a organización para o segundo Trail do Caolín ao Fuciño do Porco que será o 22 de maio do 2022
21 Xan 2022
O Concello do Vicedo comeza a organización para o segundo Trail do Caolín ao Fuciño do Porco que será o 22 de maio do 2022 e que previsiblemente coma na edición anterior terá unha competición longa de 25 quilómetros, outra curta de 15 e unha andaina tamén de 15.000 metros.
O percorrido da proba, estará próximo aos mil metros de desnivel e partiu do porto do Vicedo para seguir polo Caolín cara ao monte en dirección a San Román, chegar ao Fuciño do Porco e volver pola costa ata o porto.
As inscricións abriranse en febreiro en www.evedeportnorte.com, e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, para os máis veteranos, para o club máis numeroso e tamén para o máis afastado.