Colectivos do Vicedo manifestaranse para esixir que haxa médicos no centro de saúde

AMariñaXa

O colectivo de asociacións culturais, deportivas e de veciños do Concello do Vicedo, organiza unha manifestación con motivo da falta de médicos no centro de saúde do Vicedo.

concentración médicos O Vicedo
concentración médicos O Vicedo
21 feb 2024

O colectivo de asociacións culturais, deportivas e de veciños do Concello do Vicedo, organiza unha manifestación con motivo da falta de médicos no centro de saúde do Vicedo.

Esta cita será o vindeiro domingo 25 de febreiro ás 11.30 horas e segundo o colectivo, "concentrarémonos diante do Concello do Vicedo para ir andando, cortando a estrada Travesía dá Mariña, a AC-862, ata a rúa Rúa do Porto e de alí dirixirémonos ao noso centro de saúde onde se lerá un manifesto."