Cinco mulleres gañan os premios da campaña "Volta ao Cole" da FCAM

Cinco mulleres son as gañadoras da campaña "Volta ao Cole", promovida pola A Mariña Federación (FCAM) para dinamizar as compras no comercio da comarca durante o mes de setembro. O sorteo celebrouse nas últimas horas e o vídeo co proceso pode consultarse xa nas redes sociais de A Mariña Federación.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explicou que a cada tícket enviado ao correo electrónico da federación durante o mes de setembro se lle asignou un número segundo a orde na que foi recibido. Todos os números foron posteriormente introducidos nunha urna para realizar o sorteo.
Os números extraídos foron o 135, o 3, o 110, o 10 e o 13, correspondentes a cinco compras realizadas en establecementos comerciais de Viveiro, A Pontenova e Burela.
O número 135, correspondente a unha compra realizada en Mimimó, en Viveiro, foi para Margarita. O 3, asociado a unha adquisición en O Bispo Roupa, na Pontenova, resultou premiado para Vanesa.
Pola súa banda, o número 110, correspondente a unha compra realizada na Librería Nobel de Burela, foi para Paula. O número 10, dunha adquisición en Telbar, na Pontenova, correspondeulle a Carmen, mentres que o 13, tamén vinculado a unha compra en O Bispo Roupa da Pontenova, foi para Julieth.
Deste xeito, a campaña "Volta ao Cole" pecha o sorteo cos cinco premios repartidos entre compras realizadas en distintos establecementos da comarca.