Chocolate e caldo de pito no VII Alumeado do Nadal de Vilaronte
AMariñaXa
Contarán tamén coa actuación de Mar Alberto de Foz
5 Dec 2024
A Asociación Cultural O Atrio de Vilaronte (Foz) realiza o seu VII Alumeado do Nadal, o próximo domingo día 8 de decembro a partir das 19.30 horas no Atrio da Igrexa.
Ademais do propio acendido tamén haberá chocolate e caldo de pito e música xa que contarán coa actuación de Mar Alberto de Foz.