Chega a segunda edición do programa ribadense SetembroXNatural

AMariñaXa
Chega a segunda edición de SetembroXNatural, que ten como obxectivo ofrecer un destino vacacional tranquilo e con encanto
setembroxnatural 2022
2 sep 2022

Chega a segunda edición de SetembroXNatural, que ten como obxectivo ofrecer un destino vacacional tranquilo e con encanto, no que gozar de diversas propostas en escenarios naturais. 

SetembroXNatural inclúe propostas tan diversas como: arqueoloxía na ría de Ribadeo, XeoRutas con edicións especiais ou rutas na natureza, carreiras populares como a media maratón das Catedrais, exaltacións de produtos da horta co día do produto local e o FeltivalEo de alimentación sustentable, actividades de orientación para familias, concertos na natureza e moitas outras.  

A través deste abano de actividades, que conxugan formación e ocio en contacto coa natureza, preténdese facer do mes de setembro un tempo para tomar contacto coa natureza e ampliar os coñecementos sobre ela, dirixíndonos tanto para os/as ribadenses como para veciños da contorna e visitantes nacionais e internacionais.

Para coñecer máis sobre estas actividades as persoas interesadas poden dirixirse á páxina web de turismo: www.turismo.ribadeo.gal ou achegarse á oficina de turismo de Ribadeo, onde obterán cumprida información. 

O 3 de setembro desenvólvese a arqueoloxía subacuática será a protagonista; o 9 de setembro haberá concerto na natureza, o día 10 está programado un roteiro pola senda azul de Ribadeo; o 11 de setembro será o día do produto local; o 12 haberá unha edición especial por terra da XeoRuta dos Arcos e o 13 edición especial da mesma por mar; o 17 de setembro desenvolverase a VIII Media Maratón As Catedrais; os días 23 e 24 terá lugar o FestivalEo de Alimentación Sostible; e para o 25 de setembro está programada a segunda edición de Orienta Ribadeo. 

0.15732002258301