Chega a Foz a función 'A noite xusto antes dos bosques'

Foz
AMariñaXa
Unha reinterpretación en galego do monólogo de Bernard-Marie Koltès
funcion_foz
16 Dec 2024

Chega a Foz a función 'A noite xusto antes dos bosques', unha reinterpretación en galego do monólogo de Bernard-Marie Koltès, da compañía de teatro TropoNonTroppo. Terá lugar o 20 de decembro de 2024, ás 20.30 horas, na Sala Bahía de Foz. Una proposta combina teatro, música e proxeccións audiovisuais para mergullar ao espectador nunha experiencia multisensorial única da man de Víctor Díaz e Sandra Moya.

A obra aborda as fendas sociais do noso tempo: xenofobia, homofobia, illamento, perda de vínculos humanos e desarraigo. Nun mundo que constrúe máis barreiras ca pontes, 'A noite xusto antes dos bosques' convida a revisar os nosos prexuízos e recoñecer a humanidade compartida. Máis detalles nesta ligazón.

 

0.16915106773376