Cervo tínguese de violeta coa mostra 'Queremos ser Libres'

AMariñaXa
Unha exposición cargada de historias realizada pola fotógrafa Diana Fajardo
cervo-25N
24 Nov 2024

Cervo tínguese de violeta con motivo do Día Internacional de Loita Contra da Violencia de Xénero.'Queremos ser Libres' é o título da mostra que se inaugurou na Casa da Cultura da fotógrafa Diana Fajardo.

Unha exposición cargada de historias, empatía e sensibilidade para concienciar e poñer o foco sobre a lacra da violencia de xénero que invita á reflexión sobre esta dolorosa realidade, tal e como sinalou a alcaldesa, Dolores García Caramés.

Vinte instantáneas compoñen esta mostra que se poderá visitar desde este mesmo luns na Casa da Cultura. Ademais este domingo tamén houbo a oportunidade de visionar o resultado do taller de fotografía de Luz Negra que impartiu na tarde de onte dirixido ás crianzas e tamén para personas adultas. Libres e valentes foron algunhas das mensaxes que tintaron nos seus corpos.

Alí estivo o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que puxo en valor a importancia de realizar accións desde todos os ámbitos da sociedade que permita concienciar ao
conxunto da cidadanía na necesidade de avanzar cara a igualdade entre homes e mulleres
así como de loitar contra as violencias machistas que aínda persisten na actualidade. Nesta liña, louvou a celebración deste tipo de iniciativas que permiten afondar no labor en favor da non discriminación e dos dereitos das mulleres dun xeito artístico e cun foco especial cara as novas xeracións, algo imprescindible para construír un futuro sen violencia contra as mulleres.

E mañá, día 25, ás 19.00 horas na Praza Nardo Martínez realizarán o acto solidario 'Unha Vela por Ti', en colaboración coa asociación Mujeres en Igualdade de Cervo.

0.16347193717957