Cervo reunirá tres agrupacións na terceira Mostra de Cantareiras

AMariñaXa
As Ferriñas, Son d'aquí e Cordenaria compartirán escenario o sábado ás 18.30 horas no salón de actos do Concello
mostra-CANTAREIRAS-cervo-2026
25 Nov 2026

ervo volverá reivindicar a música tradicional e a cultura popular coa celebración da terceira Mostra de Cantareiras/os, que terá lugar o próximo sábado, 28 de novembro, ás 18.30 horas, no salón de actos do Concello. A cita reunirá tres agrupacións nunha tarde dedicada ao canto tradicional e á difusión das raíces culturais galegas.

A iniciativa, organizada pola Asociación Cultural Airiños do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, xunto con representantes da entidade organizadora e do grupo Cordenaria, anfitrión do encontro.

Nesta edición participarán As Ferriñas, do Vicedo; Son d'aquí, procedente da Coruña; e Cordenaria, de Cervo. Os tres grupos ofrecerán unha actuación conxunta que busca dar protagonismo á música tradicional e favorecer o encontro entre formacións que traballan na conservación e difusión desta expresión cultural.

Durante a presentación, a alcaldesa destacou o valor de promover actividades que permitan preservar as tradicións e achegalas ás novas xeracións. García Caramés manifestou a súa satisfacción por que o municipio siga acollendo propostas deste tipo, que permiten compartir a música popular, reunir diferentes agrupacións e recoñecer o esforzo de todas aquelas persoas que contribúen a manter vivo este legado.

Desde o Concello tamén trasladaron o seu agradecemento á Asociación Cultural Airiños do Xunco e a todas as persoas que colaboran na preparación da mostra, ao tempo que animaron á veciñanza a asistir a esta terceira edición, que pretende converterse nunha oportunidade para gozar da música, das tradicións e da convivencia.

0.19199085235596