Cervo programa unha marcha popular polo Día Mundial contra o Cancro de Mama
AMariñaXa
Os diferentes edificios municipais tamén se iluminarán de cor rosa
12 Out 2024
O Concello de Cervo programa unha marcha popular polo Día Mundial contra o Cancro de Mama. A cita será o próximo sábadp 19 de outubro, ás 11:00 horas, e o punto de encontro será o peirao de San Ciprián. A continuación haberá unha sesión de Ioga na Casa do Mar, para todas as persoas que desexen asistir. Os diferentes edificios municipais tamén se iluminarán de cor rosa, para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade e animan a participar a toda a veciñanza.
O cancro de mama é un tipo de cancro que se forma nas células das mamas. Xorde cando as células do tecido mamario comezan a dividirse de maneira descontrolada, formando un tumor que pode ser benigno (non canceroso) ou maligno (canceroso). Se é maligno, o tumor pode invadir tecidos próximos e propagarse a outras partes do corpo, o que se coñece como metástase.