Cervo prepara unha nova edición do Guateque de Arruguiñas

O Concello de Cervo celebra este venres, 17 de abril, unha nova edición do Guateque de Arruguiñas, unha actividade dirixida a ofrecer unha xornada de lecer e convivencia veciñal.
A cita comezará ás 20:00 horas no Local Social da Senra, onde o público poderá gozar da actuación do Dúo Caramelo nun ambiente festivo pensado para bailar, lembrar e compartir unha noite de entretemento en boa compañía.
A actividade está organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación Cultural e Recreativa O Raxal.