Cervo mellora o camiño rural de Mouriños con fondos do Plan Único

O Concello de Cervo está a traballar estes días na mellora e acondicionamento do camiño rural de Mouriños, no lugar de Daián. A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o edil de Zona Rural, Adrián Arias, supervisaron os traballos acompañados da pedánea Lidia Galdo e de varios veciños da zona.
A intervención supón un investimento de 48.201,63 euros, financiados a través do Plan Único. Segundo explicou a alcaldesa, o proxecto contempla a retirada e reposición do firme asfaltado, así como a canalización da rede de alumeado público: “Renovamos a pavimentación en todo o camiño co obxectivo de seguir incidindo na mellora das comunicacións e da accesibilidade das nosas zonas rurais”.
Ademais, a reestruturación da rede de iluminación permitirá reducir o impacto e a contaminación visual, dotar a zona de maior seguridade e diminuír os custos de mantemento do alumeado público.