Cervo habilita unha app para reservar nas pistas de pádel
O Concello de Cervo vén de dixitalizar o proceso de reservas das dúas pistas de pádel municipais situadas no complexo da Veiga. Así, deste este luns, as persoas interesadas xa poden acceder ao espazo de reservas de Espazos Deportivos https://reservas.
Unha vez realizado o trámite, as chaves da instalación estarán a disposición das persoas usuarias na piscina municipal en horario de 10:30 a 13:30 horas, de luns a venres; e de 10:30 a 13:30 horas, os sábados (durante o verán). Un horario que se amplía no inverno sendo de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas (de luns a venres) e de 9:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas, os sábados.
Tal e como explicaron o rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes David Rodríguez, “levamos meses traballando para poder ofrecer este servizo ás persoas usuarias destas instalacións municipais que temos en ns Veiga co obxectivo de axilizar o proceso de reserva, e simplificar o procedemento”, xa que ata o de agora as persoas usuarias debía achegarse ata o Concello de xeito presencial para facer o trámite.