Cervo fronte á violencia de xénero: a 'Ruta dos bancos violetas'

AMariñaXa
Habilitarán un punto de recollida de produtos para enviar a Valencia
sendeirismo-andaina
12 Nov 2024

Este sábado 16 de novembro ás 10.30 horas, Cervo acolle a Andaina contra a Violencia de Xénero  a 'Ruta dos bancos violetas' organizada por Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo-BUMEI coa colaboración do Concello.

A ruta partirá da praia da Marosa ás 10.30 horas ata a praza Nardo Martínez en San Ciprián. Animan a camiñar 8 quilómetros pola igualdade! Para anotarte, a través desta ligazón.

Será a quinta etapa desta 'Ruta dos Bancos Violetas' e, desta volta, con motivo da actualidade, terán un punto de recollida de produtos para Valencia. Así, axudarán ás persoas damnificadas pola DINA. Ademais, contarán con autobús de volta e pinchos ao finalizar a andaina.

 

0.14886689186096