Cervo, escenario do campionato de España Biathle – Triathle

AMariñaXa
É un evento organizado polo club Penta Lugo en colaboración coa Federación Española de Pentatlón Moderno e do Concello
presentacion_campionato_de_españa_biathle_triathle
presentacion_campionato_de_españa_biathle_triathle
18 Xuño 2024

O Concello de Cervo acollerá esta fin de semana o, 22 e o 23 de xuño, por segundo ano consecutivo, o campionato de España Biathle – Triathle. Un evento organizado polo club Penta Lugo en colaboración coa Federación Española de Pentatlón Moderno e do Concello de Cervo.

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, polo concelleiro de Deportes, David Rodríguez, e polo presidente de Penta Lugo, Carlos López. O evento combina diferentes deportes, Biathle (correr e nadar) e Triathle (tiro-nadar-correr).

A cita é no Porto de San Ciprián, o sábado desde as 15.30 horas, as probas individuais; e o domingo desde as 10:00 horas os relevos mixtos. Contará coa participación de preto de cen deportistas de entre 9 e 60 anos. O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a achegarse ata o Peirao nesta fin de semana para desfrutar do evento deportivo.

0.18047499656677