Cervo entregou as medallas das Noites de Basket 3x3

A alcaldesa Dolores García Caramés fixo entrega das medallas aos equipos gañadores das Noites de Basket 3x3 celebradas en Cervo. A competición, sinalan desde o Concello, destacou polo talento e a deportividade de todos os participantes, que gozaron dun ambiente deportivo e ameno.
Na categoría Sub 10, o primeiro posto foi para Zombies Galácticos, seguidos por Croio e Promesas CB. En Sub 12, Basqueteros conseguiron a medalla de ouro, con Aura Boys e Antonio e a súa Anchoa completando o podio.
Pola súa banda, en Sub 15 o equipo Calienta BGS foi o gañador, mentres que MMI e Nasa CB ocuparon o segundo e terceiro lugar. Na categoría Sub 17, o triunfo correspondéulle a Ciclado de Golem, con La Ñema e MMI en segundo e terceiro lugar, respectivamente.
Finalmente, na categoría Sénior, Manchego alzouse co primeiro premio, seguido por Los Perros de Laura e La Ñema.