Cervo dá a coñecer as imaxes premiadas do certame fotográfico “Cervo Respecta”

AMariñaXa
O concurso, coincidiendo co Día Mundial do Medio Ambiente, recoñece fotografías inspiradas na riqueza natural e na sensibilización ambiental
fotos-ganadoras-cervo-respecta--2026
5 Jun 2026

O Concello de Cervo fixo públicos este 5 de xuño, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, os nomes das persoas gañadoras do certame fotográfico “Cervo Respecta”, unha iniciativa orientada a fomentar a observación, a conservación e a valorización do patrimonio natural do municipio a través da fotografía.

O máximo recoñecemento do concurso, na categoría Top Cervo, foi para a imaxe titulada “Solpor”, presentada por Raquel López Blanco. Pola súa banda, o primeiro premio recaeu en “Atrapeite..., ou non”, obra de Carlos Sanjurjo Lastra, mentres que o segundo galardón foi para “Picudo Rojo”, fotografía realizada por Germán Paleo Navarro.

A convocatoria reuniu a participantes que achegaron diferentes perspectivas sobre a contorna natural, reflectindo paisaxes, especies e momentos vinculados ao medio ambiente. A través das súas instantáneas, os autores contribuíron a destacar os valores ambientais e a importancia da súa conservación.

Desde a organización agradeceron a implicación de todas as persoas que tomaron parte nesta edición do concurso, subliñando a calidade e diversidade dos traballos presentados. Ademais, trasladaron os seus parabéns aos premiados polo recoñecemento acadado.

O certame “Cervo Respecta” consolídase así como unha ferramenta de sensibilización ambiental que busca promover o respecto pola natureza e poñer en valor a riqueza paisaxística e ecolóxica do municipio.

0.13924312591553