Cervo convoca un concurso de postais de Nadal

AMariñaXa
O Concello de Cervo convoca un concurso de postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.
cervo conncurso postais 2023 1
cervo conncurso postais 2023 1
30 Nov 2022

Cervo convoca un concurso de postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio. Establécese un premio por cada modalidade; de 3 a 5 anos, de 6 a 9, e de 10 a 12 anos.

Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, as obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio.

Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Cibraoou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre pechado que conteña os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono.

O prazo de recepción remata o 9 de decembro. E o fallo do xurado farase público o 12 de decembro.

Caramés apuntou que entre as tres postais finalistas, o xurado elixirá unha que será a protagonista das felicitacións de Nadal do Concello.

A entrega de premios tanto deste certame de postais de Nadal como do concurso que tivo lugar con motivo do Día do Libro será o 17 de decembro na Casa da Cultura.

cervo conncurso postais 2023
0.18976092338562