Cervo conmemora o Día Mundial contra o Cancro de Mama cunha andaina popular

AMariñaXa
O Concello de Cervo ten programado unha andaina popular para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro de Mama.
cancro mama mulleres lazo rosa
17 Oct 2023

O Concello de Cervo ten programado unha andaina popular para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro de Mama. A cita, que se organiza baixo o lema 'Que non senos vaian', será o vindeiro xoves 19 de outubro.

O punto de encontro da actividade será o Peirao de San Cibrao. O percorrido comezará neste lugar a partir das 17:30 horas. Con esta actividade o Concello recorda a loita contra unha enfermidade cuxa incidencia está aumentando.

Neste ano 2023, diagnosticaranse uns 35.001 novos casos segundo os últimos datos recollidos pola Sociedade Española de Oncoloxía Médica (SEOM), sendo este tipo de tumor o máis frecuente entre as mulleres en España.

andaina cancro de mama concello cervo
0.14387989044189