Cervo celebra unha tarde de Samaín con animación infantil e decoración de medo nas Escolas Vellas

AMariñaXa
A asociación Airiños do Xunco organizou unha xornada festiva cun espectáculo infantil e unha ambientación terrorífica que reuniu a veciños de todas as idades
Samaín Cervo
Foto: Concello de Cervo
8 Nov 2026

As Escolas Vellas de Cervo acolleron unha tarde de celebración con motivo do Samaín, a festa tradicional galega que dá a benvida ao outono e lembra aos defuntos. A actividade, organizada pola asociación local Airiños do Xunco, combinou unha ambientación de medo —cunha decoración chea de teas de araña e elementos terroríficos— cun ambiente festivo pensado para todos os públicos.

O prato forte da xornada foi a actuación de Rudi Dudi, un espectáculo que conseguiu arrincar as risas tanto aos máis pequenos como aos adultos presentes.

Ao acto achegouse tamén a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, que quixo sumarse á celebración e compartir a tarde cos veciños que se achegaron ás Escolas Vellas.

Dende a organización agradeceron a implicación de todas as persoas que colaboraron para sacar adiante a actividade, así como a participación do público asistente, que contribuíu a que a festa de Samaín resultase, segundo destacaron, “terroríficamente divertida”.

0.15328693389893