Cervo acollerá o V Torneo de Pádel nas pistas da Veiga entre o 1 e o 6 de outubro
O Concello de Cervo, en colaboración co C.D. San Ciprián e veciños afeccionados, organiza o V Torneo de Pádel, que se celebrará nas pistas do complexo deportivo da Veiga entre o 1 e o 6 de outubro.
O prazo para inscribirse rematará o 29 de setembro, e os interesados poderán facelo a través do teléfono 639 05 40 15 (Fran) ou na plataforma Mis Torneos Online.
A competición inclúe categorías masculina, feminina e mixta, con límite de 16 parellas por categoría. O custo de inscrición será de 20 euros para unha categoría e 28 euros para dúas. Os mellores clasificados recibirán premios en material deportivo, e todas as categorías contarán cun cadro de consolación.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e o concelleiro Alfredo Fernández presentaron o evento e animaron á participación, destacando a mellora nas instalacións deportivas e a crecente popularidade do pádel na zona.