Cervo acollerá o curso nacional de Aikijujutsu Kobukai

TerraChaXa | AMariñaXa
8 Mar 2019

O Concello de Cervo presentou do curso nacional de Aikijujutsu Kobukai, que terá lugar o 22, 23 e 24 de marzo no pavillón do CEIP Península da Paz, organizado polo delegado técnico de Galicia deste departamento, Miguel Ángel Rojo, coa colaboración do Concello de Cervo.
O curso será impartido por Jan Janssens, 8º Kyoshi Aikijujutsu Kobukai, alumno directo do Gran Mestre Minoru Mochizuki.
Os horarios do curso serán os venres, de 17:00 a 19:00 horas. Ao finalizar a sesión haberá exames de Cinto Negro. O sábado, de 10:30 a 13:30 horas, e de 16:30 a 19:30 horas e o domingo, de 10:30 a 13:00 horas.
Ademais, mañá sábado, 9 de marzo, Rojo impartirá un curso de Taiji Quan no pavillón do CEIP Península da Paz, en horario de 10:30 a 13:30 horas; e de 16:30 a 19:00 horas.
Máis información e inscricións no teléfono 670 249 554

0.16595697402954