Centros educativos da provincia tomarán parte na actividade de piragüismo de Xogade

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Unha ducia de centros educativos da provincia de Lugo tomarán parte nesta iniciativa, enmarcada no programa Xogade
piraguismo deporte nenos auga
3 Nov 2021

A Secretaría Xeral para o Deporte ofrece a medio millar de escolares de Lugo a posibilidade de achegarse ao piragüismo a bordo de dúas embarcacións dragóns no marco do programa de deporte escolar Xogade. A iniciativa, que se oferta este curso por primeira vez na provincia, foi inaugurada por alumnos e alumnas dos colexios Insua Bermúdez de Vilalba e Nosa Señora do Pilar de Foz.

Esta actividade está dirixida ao alumnado de sexto de Primaria e primeiro e segundo da ESO, e participarán unha ducia de centros educativos en oito xornadas, ata o 11 de novembro. En principio están previstas ata 25 quendas, con 20 prazas en cada caso.

Esta proposta supón o primeiro achegamento ao piragüismo para a maioría dos nenos e nenas, que se converten nos padexeiros destes barcos dragóns coa axuda de dous monitores, un deles ao timón e outro marcando o ritmo cun tambor. As embarcacións son  moi estables e de fácil aprendizaxe e as prácticas realízanse nun tramo do río Miño.

Hoxe tocaralles a quenda aos alumnos do IES de Quiroga, e nos días posteriores está prevista a participación do CEIP Rosalía de Castro de Lugo, Colexio Plurilingüe Franciscanos, de Lugo; CPR Martínez Otero, de Foz, CPR Maristas, de Lugo; CEIP Santa Rita, de Viveiro; CEIP Fondo Nois, de Foz; CPR La Merced, de Sarria; CEIP López Suárez, do Saviñao; e CPR Ferroviario, de Monforte de Lemos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1715362071991