Cento trinta persoas desfrutaron do magosto en Ribadeo
Cento trinta persoas do programa ‘Preto de Ti’ participaron onte no magosto, organizado polo Concello de Ribadeo. A edil ribadense, Elena Sierra, contou que ‘Preto de Ti’ foise de magosto.
“Foron 130 os veciños de todas as parroquias que celebraron este día rodeados de amigos, música e como non podía faltar o tradicional bingo. Os participantes en el programa Argadelo, dirixido por Mano Panforreteiro, amenizaron a velada con cantos e bailes populares, como di Mano creando cultura na aldea”, explica.
Para Elena Sierra foi “una experiencia moi positiva, que desde logo esperamos seguir repitindo todos os anos”. O encontro tivo lugar en Santa Cruz no local social dos comuneiros de Ove, aos que o Concello ribadense lles agradece a súa colaboración.