Celeiro Club do Mar e BNG requiren un acordo para construir vestiarios en Lavandeiras

AMariñaXa
Celeiro Club do Mar e BNG de Viveiro requiren un acordo sen a Xunta para construir vestiarios en Lavandeiras
miriam bermudez BNG Viveiro
10 Abr 2023

Celeiro Club do Mar e BNG reuníronse poñendo en común ideas e proxectos, así como falaron dos beneficios que terían as subvencións por concorrencia competitiva nas entidades deportivas locais. Demanda que sostivo Míriam Bermúdez no Pleno municipal e que non saiu adiante polos votos en contra de Por Viveiro e do PSOE.

"Despois dun ano, o acordo para a instalación de vestiarios no campo de Celeiro para ir dotando este campo de instalacións para toda práctica deportiva, non vai poder producirse pola falta de compromiso da Xunta de Galicia, gobernarda polo PP, e sen ninguén en Viveiro do Partido Popular coa suficiente capacidade resolutiva nin co mínimo mando para que, simplemente, a Xunta cumpla coa sua propia palabra nun acordo que ía asinado a tres bandas: Xunta de Galicia, Concello de Viveiro e Área de Deportes da Deputación gobernada polo BNG", di Bermúdez.

Na reunión mantida co Celeiro Club do Mar o BNG propuxo iniciar os trámites para un acordo a dúas bandas sen contar coa Xunta, "pola falta de palabra do Partido Popular". A Área de Deportes da Deputación onde Goberna o BNG e co fin de axilizar as obras, está disposto a sacalas adiante co orzamento consignando e cun novo acordo a dúas bandas, quedando á espera da aceptación por parte do Goberno Municipal para que por fín o Campo de Lavandeiras conte con vestiarios e o Celeiro Club do Mar, entre outros, poda entrenar nel.

0.18419098854065