Celeiro acollerá a III Bandeira de Bateis o 8 de marzo

AMariñaXa
A competición contará con entre 10 e 12 clubs do norte de Galicia en todas as categorías
presentacion-REGATA-III-BANDEIRA-DE-BATEIS-viveiro-2025
21 Feb 2025

O porto de Celeiro converterase o vindeiro 8 de marzo no escenario da III Bandeira de Bateis Concello de Viveiro, unha regata organizada polo Club de Remo Celeiro que reunirá a equipos de toda Galicia.

No acto de presentación participaron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e tres representantes do club: a presidenta Belén Pérez Pérez, a tesoureira Lucía Esquerdeiro Cabarcos e o secretario Óscar Canoura González.

A competición comezará ás 15:30 horas e contará coa participación de entre 10 e 12 clubs do norte de Galicia, que competirán en categorías que abranguen desde alevíns ata veteranos. A maioría dos equipos proceden da provincia da Coruña, sendo o Club de Remo Celeiro o único representante da provincia de Lugo.

“É unha excelente noticia que se celebre un ano máis esta regata, que se realiza grazas ao enorme traballo desenvolvido polo Club de Remo de Celeiro”, destacou a alcaldesa María Loureiro.

0.16865301132202