Cedidas as instalacións do campamento A Devesa ao FC Ribadeo

AMariñaXa
Asinouse un convenio entre a Xunta de Galicia e o FC Ribadeo para cederlles as instalacións para que o equipo adestre aí.
campamento devesa ribadeo
13 Mar 2022

O voceiro do Grupo Municipal Popular, Daniel Vega, subliña que "dende hai tempo levamos traballando para que mellorar estas instalacións e abrilas á sociedade. Non queremos este campamento pechado, senón que funcionen durante todo ano. Por iso, asinouse un convenio Xunta de Galicia e o FC Ribadeo para cederlles as instalacións para que o equipo adestre aí. Vanse abrir os vestiarios e tamén o ximnasio", afirmou.

Deste xeito, indicou: "Estamos traballando para que todas aquelas entidades que queiran ter unhas instalacións óptimas para facer a súa actividade e dar solución ao problema do FC que non tiña onde realizar os adestramentos. Poñemos solucións a problemas que crea o BNG, en definitiva". Daniel Vega agradece ao equipo e ao coordinador de Deportes e a Xunta de Galicia a colaboración levada a cabo "para seguir impulsando actuacións en favor do deporte".

0.21369814872742