Catro medallistas ribadenses no Campionato de España de Remo Olímpico
AMariñaXa
O Concello de Ribadeo ofreceu unha recepción aos medallistas no pasado Campionato de España de Remo Olímpico 2021
2 Ago 2021
O Concello de Ribadeo ofreceu unha recepción aos medallistas no pasado Campionato de España de Remo Olímpico 2021, celebrado en Bañolas: Irene García, Antón Balsa, Mateo Monteserin e Conrado Lara.
Quixeron agradecer ao gran equipo que forman onde está "Mauri, Miguel e todos os pais e nais que forman o Club de Remo. Un dos valores que ten o deporte, desde logo, é educativo e formar equipos e facer máis conxunto entre persoas".
O presidente do Club de Remo, Miguel Balsa, destacou as medallas conseguidas polos seus deportistas “en todas as categorías” así como “o traballo moi grande o que se fai, de xeito altruísta por parte do adestrador”.
O trofeo está feito a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña.