Catro Guerreiras Laranxas volverán á Selección Española para a viaxe a Kiev

AMariñaXa
Catro das Guerreiras Laranxas volverán contar coa confianza da Selección Española. Peque, Ale de Paz, Dany e Irene Samper son as elexidas
pescados ruben espana Dany, Irene Samper, Peque, Ale de Paz
12 Xan 2022

Catro das Guerreiras Laranxas volverán contar coa confianza da Selección Española. Peque, Ale de Paz, Dany e Irene Samper recibiron o chamamento para foramr parte da convocatoria de Clàudia Pons para a viaxe da Vermella a Bucha (Kiev) este domingo, 16 de xaneiro, con dobre compromiso ante Ucraína como obxectivo. 

Os encontros terán lugar os días 18 e 19 de xaneiro, ás 17.00 horas, fronte a unha das máis potentes do mundo, que ademais está clasificada para a final a catro do Europeo que se celebrará en Gondomar (Portugal) a finais de marzo (25-27), xunto a España, Portugal e Rusia. 

A concentración da selección finalizará o xoves 20 de xaneiro.

0.090338945388794