Catro equipos da provincia competirán en agosto pola Copa Federación

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa
Viveiro e Vilalbés enfrontarase entre eles na fase previa
futbol-
Imaxe de arquivo
26 Jul 2024

A Fase Autonómica da Copa Federación abrirá o calendario competicional desta tempada 24-25. Participan 14 equipos que militan na Primeira, Segunda e Terceira Federación. Quedan exentos os que xa están clasificados para a Copa do Rei e tamén os clasificados para a Fase Nacional da Copa Federación.

O campión da Fase Autonómica clasificarase para a Fase Nacional que dá catro prazas (semifinalistas) para a Copa do Rei.

Cabe recordar que o vixente campión é o Ourense CF, que a tempada pasada impúxose ao Rácing Vilalbés na quenda de penaltis na final disputado no campo da Medela de Taboada.

A primeira sesión terá lugar o domingo 4 de agosto e pola provincia de Lugo participarán o Viveiro e o Vilalbés, que se enfrontará entre les, e a Sarriana, que xogará co Betanzos.

Na fase de cuartos, prevista para o día 7 de agosto, incorporarase o Lugo á competición, que vivirá o día 15 as semifinais, para coñecer o campión na final do 18 de agosto.

0.078413963317871