Case 60 pilotos protagonizan a XI Subida á Pontenova

AMariñaXa
A escudaría local será protagonista na estrada, coa participación de catro pilotos baixo o seu paraugas
Subida-A-Pontenova-presentación
6 Xul 2024

Esta fin de semana os motores volven a ser protagonistas no concello. A Escudería A Pontenova, grupo organizador da Subida A Pontenova, pon en marcha a décimo primeira convocatoria desta proba que conta co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que achega 7.000 euros á organización da proba, e a colaboración do Concello e da Xunta. No rally están inscritos case 60 corredores que buscan os mellores resultados na proba, que puntúa para o Campionato Galego de Montaña. Mantén o trazado habitual, que sae desde a zona do Camiño da Feira da Pontenova cara a Augaxosa (Riotorto).

Entre as escuderías participantes están Estradense, Maky Sport, Luintra, Age Motosport, Escudería Taboada, Lucus Rally, Ges ou Yacar Racing. Entre algúns dos pilotos atópanse Jacobo Senín, Alexis Vieitez, Manuel Senra, María Abalde ou Adrián Pereira. Pola súa parte, a escudaría local será protagonista na estrada, coa participación de catro pilotos baixo o seu paraugas: Adrián Ron Fernández, que debuta nunha competición federada; César Díaz Pérez e Javier López García. Tamén correrá como piloto da escudaría pontenovesa José Alonso Liste, que está a disputar o campionato galego cun Fórmula 3 preparado polo alumnado do CIFP As Mercedes de Lugo.

A Praza dos Fornos acolle o parque de custodia, no que se concentrarán os vehículos durante o sábado para realizar as verificacións técnicas e administrativas previas á carreira, que se disputará en catro mangas cronometradas. Dúas na tarde do sábado e outros dúas o domingo  pola mañá. O sábado a partir das 8.30 horas, na praza dos Fornos, terá lugar as verificación administrativas e a partir das 9.30 as técnicas. A lista para os autorizados a tomar a saída será ás 13.30. Posteriormente será a primeira manga de adestramentos que dará paso ás dúas primeiras carreiras oficiais. O programa continúa ás 8.30 o domingo coa presentación de pilotos para dar paso á segunda manga de adestramentos. Finalmente, terán lugar as dúas últimas carreiras.

O trazado pasa polas parroquias de Vilameá, Rececende e Santo Estevo, con puntos especialmente atractivos para as afeccionadas e afeccionados como o paso polas curvas das Cruces e da Picota e por Vilar das Pedras. A organización ofrece servizo de transporte gratuíto para facilitar o desprazamento polo percorrido e tamén retransmitirá a proba, a través da canle de YouTube da Federacio Gallega de Automobilismo. Ademais, durante a fin de semana, instalarase na Casa da Cultura da Pontenova un simulador  co percorrido da Subida, para que as persoas interesadas poidan probar a súa habilidade ao volante de xeito virtual.

No acto, tamén participaron representantes da Escuderia Pontenova, a tenente alcalde e concelleira de Benestar Social e Participación Cidadá, Isabel Couto,  o concelleiro Xorxe Gómez do BNG Xorxe Gómez e o xefe territorial de Cultura e Xuventude, Manuel Fernandez, e representantes da Federación Galega de Automobilismo. A falta dos datos de inscrición definitivos,  a escudaría local será protagonista na estrada, coa participación de catro pilotos baixo o seu paraugas: Adrián Ron Fernandez,  que debuta nunha competición federada, Cesar Diaz Perez e Javier López García. Tamén correrá como piloto da escudaría pontenovesa José Alonso Liste, que está a disputar o campionato galego cun Formula 3 preparado polo alumnado do CIFP As Mercedes de Lugo.

0.20173311233521