Cancelado o III Rally Concello de Ourol
AMariñaXa
O Club Clásicos Viveiro en colaboración co Concello de Ourol preparan para o vindeiro 18 de marzo o II Rally Concello de Ourol
3 Mar 2024
Os organizadores do III Rally Concello Ourol, o Club Clásicos Viveiro, veñen de comunicar a cancelación da proba deportiva que se ía celebrar o 16 de marzo.
"Sentimos comunicar que por motivos alleos a esta organización vémonos na obriga de ter que cancelar a celebración desta III edición do Rally Concello de Ourol", dixeron, "tomamos esta decisión despois de moito meditar e moi ao noso pesar, pero non temos outra saída posible".
Así, dende o Club Clásicos Viveiro piden desculpas polas molestias e a todos osque xa tiñan a inscrición feita se lles irá informando e se lles devolverá o importe íntegro.
Para máis información será necesario contactar coa organización no teléfono 717 728 817 ou nas súas redes sociais.