Camiñantes e Camiños de Barreiros organiza unha ruta de San Sebastián

AMariñaXa
A asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños, de Barreiros, organiza a Ruta de San Sebastián, que terá lugar o vindeiro sábado, 21 de xaneiro.
19 Xan 2023

A asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños, de Barreiros, organiza a Ruta de San Sebastián, que terá lugar o vindeiro sábado, 21 de xaneiro. Colaboran a asociación cultural A Parrala e Barreiros Mar e Monte. 

O presidente de Camiñantes e Camiños explica que “sairemos ás dez da mañá desde o campo da festa da Rilleira para percorrer 8 quilómetros polo Val de Cabarcos. Imos visitar a casa do antigo Concello, as ruínas da cárcere e a casa da notaría de San Xiao de Cabarcos e tamén a capela de San Sebastián da Rilleira. Queremos aproveitar esta ruta para coñecer un pouco máis da cultura do noso municipio”.

Tamén sinala que “para as doce e media está previsto o remate da ruta a carón da Capela de San Sebastián, onde ofrecermos un pincheo aos asistentes. E despois á unha e media haberá unha misa na honra de San Sebastián, xa que o seu día se celebra o 20 de xaneiro, queremos deste xeito honralo”. 

0.19494414329529