Cambian o horario da recollida porta a porta do cartón en Ribadeo

AMariñaXa

O Concello de Ribadeo cambia o horario da recollida porta a porta do cartón, que seguirá a ser os martes e os xoves, pero pola mañá en lugar de polas tardes.

2024 Ribadeo bases contedores 1
2024 Ribadeo bases contedores 1
19 abr 2024

O Concello de Ribadeo cambia o horario da recollida porta a porta do cartón, que seguirá a ser os martes e os xoves, pero pola mañá en lugar de polas tardes. O novo horario entrará en vigor o 2 de maio.

O horario de recollida seguirá a ser os martes e os xoves a partir das dez e media da mañá. “O cartón depositarase na rúa ese mesmo día, antes da hora indicada, co fin de asegurar a recollida”, explica o concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos.

O edil ribadense lembra que “o cartón debe deixarse pregado e asegurado para que non se espalle pola vía pública, nun lugar no que non obstaculice o tránsito peonil ou rodado”. Dos Santos engadiu que avisan con antelación “para que os negocios de Ribadeo estean informados o antes posible deste cambio e o teñan en conta”