Burela selecciona dous peóns ao abeiro do Plan Único

AMariñaXa
O Concello de Burela convoca o proceso de selección de dous peóns ao abeiro do Plan Único da Deputación de 2020.
14 Feb 2021

O Concello de Burela convoca o proceso de selección de dous peóns ao abeiro do Programa de Fomento de Emprego incluído no Plan Único da Deputación de 2020.

O concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, sinalou que “as bases e a convocatoria aparecen publicadas no Boletín Oficial da Provincia de onte, venres. A duración do contrato será de seis meses e o prazo de presentación da documentación requirida será de cinco días hábiles contados desde hoxe”.

Entre os requisitos que deben os aspirantes figuran: acreditar a capacidade funcional para o desempeño das funcións propias do posto;  ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa; estar en posesión do certificado de escolaridade ou título equivalente ou superior; non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das as administracións públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial; non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade que determine a lexislación vixente; e ter a condición de persoa desempregada ou en situación de mellora de emprego.

As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes no rexistro xeral do Concello de Burela de 9 a 14 horas ou vía telemáticas as 24 horas. Nas bases atoparán información coa documentación requirida así como sobre a admisión de aspirantes.

O sistema de selección é o de concurso-oposición.

0.17497396469116