Burela representará a Galicia no programa ‘El Grand Prix del Verano’

AMariñaXa

O Concello de Burela foi un dos seleccionados para participar na nova edición de ‘El Grand Prix del Verano’.

19 abr 2024

O Concello de Burela foi un dos seleccionados para participar na nova edición de ‘El Grand Prix del Verano’. Deste xeito, o municipio será unha das 14 localidades de toda España elixidas para participar no mítico concurso de Televisión Española. Competirán en 7 eliminatorias, dúas seminifinais e unha gran final. Burela será a encargada de representar a Galicia neste concurso.

Con este motivo, o equipo do programa visitará a praza do Concello este sábado para a realización dun vídeo, a cuxa gravación ás 13.30 está convidada toda a veciñanza. A alcaldesa de Burela, Carmela López, destaca “a alegría que supón que o noso municipio estea presente nun dos acontecementos televisivos máis destacados do ano, sendo esta unha ocasión marabillosa para dar a coñecer a vila ante centos de miles de televidentes”.

As persoas que queiran saír no vídeo terán que asinar un documento de cesión de dereitos de imaxe, para o cal habilitarase un punto na praza do Concello a partir da 13.00 de mañá.