Burela presenta unha nova edición do Mercado de Nadal

AMariñaXa
Terá lugar nunha xornada única o 30 de novembro, en horario continuo
decoracion-arbol-nadal
6 Nov 2024

O Concello de Burela organiza unha nova edición do seu Mercado de Nadal. Este evento, que se celebra casa ano na localidade, terá lugar esta vez nunha xornada única o 30 de novembro, en horario continuo de 10.30 horas a 21.00 horas.

Todas aquelas persoas e entidades interesadas en participar poden inscribirse ata o 22 de novembro, ben de maneira presencial no punto de información da Casa do Concello, ou enviando un correo electrónico a cultura@burela.org.

O Mercado de Nadal é unha iniciativa do Concello de Burela que ten como obxectivo de fomentar o comercio local e dar visibilidade ao traballo de artesáns e emprendedores da comarca.

A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, afirma: “Este mercado non só apoia aos nosos comerciantes e artesáns, senón que tamén crea un ambiente único e máxico que nos achega á esencia do Nadal. Dende o Concello convidamos a toda a veciñanza todos a que veña e desfrute desta xornada tan especial”.

0.13746190071106